segunda-feira, 11 de fevereiro de 2013

Estórias do Tomás das Quingostas contadas na Galiza


Junto à Pena do Numão (Castro Laboreiro), um dos principais refúgios do Tomás das Quingostas

 
"A canteira está ben dura
e témola que arrombar
iá ama do señor cura
la tenemos de matar"

 Conta o pobo que um célebre ladrón, o Tomás das Congostras, que no século XIX andaba por estas terras, foi unha noite com vários compañeiros a roubar a Reitoral de Lobeira; non poideran entrar pola porta e entón comenzaron a abrir un burato na parede e pra que o abade non ouvise o ruído que faguían, cantaban a cantiga trascrita namentras estaban na su a angueira. Iste inxenuo recurso non lles valeu, xa que o crego espertou e comenzou a tiros coiles deica faguelos fuxir. Engade a lenda que anos despois o Tomás asaltou ao mesmo párroco na Reitoral de San Mamede de Grou, pra onde fora trasladado; colleuno entón e cortoulle as orellas namentras lle decía: ‘’Aqui non estamos en Lobeira, señor abade’’.

os pobres non o tem
os ricos non o dán;
quen queira sentar plaza
saia á Pedra de Anamán

Esta cantiga refírese ao Tomás de Congostras. Dí a lenda que o Tomás era moi boi mozo e tiña a súa gurida na Pena de Anamán. Tales foran os seus delitos que a raiña de Portugal madóu unha partida contra il; a forza de o precurar atopárano e déronlle morte; pra xustificar o seu feitio, cortáranlle a cabeza e leváronlla á raiña, que en canto o ollóu dixo: ‘’Se soubera que era tan bo mozo nono mandaba matar’’. Esta cantiga servia pra indicar aos seus simpatisantes onde tiñen que iren pra se xuntaren á súa partida.."

Extraído de: www.ourensebaixalimia.com.

Sem comentários:

Enviar um comentário